Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade. |
A2 |
Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade. |
A3 |
Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. |
A4 |
Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, así como a prevención de riscos laborais no ámbito da súa especialidade. |
A5 |
Coñecementos na organización de empresas. Capacidade de organización e planificación. |
A6 |
Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas. |
A7 |
Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación. |
A8 |
Capacidade para realizar actividades inspectoras de acordo co establecido na normativa europea referente ao control polo estado do porto. |
A9 |
Realizar informes técnicos de incidentes con incendios, no ámbito da súa especialidade. |
A10 |
Observar os procedementos de emerxencia, no ámbito da súa especialidade. |
A11 |
Observar prácticas de seguridade no traballo, no ámbito da súa especialidade. |
A12 |
Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e o emprego dos sistemas de representación gráfica. |
A13 |
Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas. |
A14 |
Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente. |
A15 |
Manexar correctamente a información procedente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade. |
A16 |
Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade. |
A17 |
Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas. |
A18 |
Redacción e interpretación de documentación técnica. |
A19 |
Coñecer as características e limitacións dos materiais utilizados para a reparación de buques e equipos. |
A20 |
Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade. |
A21 |
Capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima. |
A22 |
Capacidade para manter e reformar instalacións e reformas de equipos de cuberta, instalacións contra incendios, dispositivos e medios de salvamento e todos aqueles elementos relacionados coa seguridade da navegación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación. |
A23 |
Capacidade para a realización das actividades inspectoras relacionadas co cumprimento dos convenios internacionais de obrigado cumprimento, en todo o referido a buques en servizo, sempre que se circunscriban ao ámbito Da súa especialidade. |
A24 |
Capacidade para a xestión, dirección, control, organización e planificación de industrias ou explotacións relacionadas coas actividades da enxeñaría mariña tanto en competencias referidas á calidade, medio, seguridade mariña e prevención de riscos laborais como todas as actividades relacionadas coa posta no mercado da súa produción. |
A25 |
Comprender as ordes e facerse entender en relación coas tarefas da bordo. |
A26 |
Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas. |
A27 |
Aplicar os protocolos de seguridade nos casos de supervivencia. |
A28 |
Participar nos plans de coordinación de asistencia médica a bordo dos buques e aplicar os protocolos en caso de accidente e emerxencia médica. |
A29 |
Realizar operacións de explotación óptima das instalacións do buque. |
A30 |
Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc. |
A31 |
Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, Ro-Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc. |
A32 |
Coñecer o balance enerxético xeral, que inclúe o balance termo-eléctrico do buque, ou sistema de mantemento da carga, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio. |
A33 |
Saber especificar os parámetros de operación dos sistemas de seguridade a bordo e os relacionados coa protección ambiental. |
A34 |
Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación. |
A35 |
Emprego do inglés escrito e falado. |
A36 |
Facer funcionar os dispositivos de salvamento. |
A37 |
Manter a navegabilidade do buque. |
A38 |
Manter os sistemas de maquinaria naval, incluídos os sistemas de control. |
A39 |
Operar alternadores, xeradores e sistemas de control. |
A40 |
Operar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes. |
A41 |
Operar os sistemas de bombeo e de control correspondentes. |
A42 |
Prestar primeiros auxilios a bordo. |
A43 |
Prevención, control e loita contra incendios a bordo. |
A44 |
Realizar unha garda de máquinas segura. |
A45 |
Utilizar as ferramentas apropiadas para as operacións de fabricación e reparación que adoitan efectuarse a bordo o buque. |
A46 |
Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida para o desmantelado, mantemento, reparación e montaxe das instalacións e o equipo da bordo. |
A47 |
Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida e proba eléctrico e electrónico para a detección de avarías e as operacións de mantemento e reparación. |
A48 |
Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaboradora. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos. |
B8 |
Versatilidade. |
B9 |
Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
B10 |
Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica. |
B11 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |