Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os ecriterios de coordinación acordados para a área,

- As oportunidades de Xuño e Xullo avaliaranse calculando unha media entre os resultados da avaliación continua e da proba final, ponderados ó 50%

- Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto polos profesores ou, cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la cualificación final. 

De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación xeral do curso, con independencia da cualificación acadada.

Caso de se considerar conveniente publicarase un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización
das probas. Exclusivamente nas probas finais, as normas de exame poderán
preve-la posibilidade de que os alumnos usen determinado material de apoio,
sempre de forma voluntaria; en ningún caso se permitirá o uso de documentos en
formato electrónico nin de material que vulnere a lexislación sobre propiedade
intelectual, en particular de libros fotocopiados.

Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e
aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude.

A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes