Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Econometría
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia e a exposición detallada das actividades que deben desenvolver os alumnos e os criterios cos que serán avaliados.
Sesión maxistral Baséanse na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores, aínda que deben contar coa participación activa dos alumnos. A exposición complementase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.
Obradoiro Son sesións interactivas nas que se realizan aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas, que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia, e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Proba obxectiva E unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Son dúas sesións interactivas de dúas horas de duración cada unha, repartidas ao longo do cuadrimestre, nas cales cada grupo de alumnos divídese en dous, para a aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes