Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas O seu contido avaliarase conxuntamente coas sesións maxistrais na proba escrita 10
Presentación oral Os traballos realizados durante o curso serán obrigatoriamente presentados e explicados en clase por todos os compoñentes de cada equipo. A profesora e os restantes estudantes poderán realizar preguntas sobre o contido do traballo. Se esta presentación oral non se producise por parte dalgún equipo (salvo nos casos xustificados previstos na normativa académica) a nota do traballo computaría na cualificación final do alumno. É dicir, a nota final do alumno sería unicamente aquela obtida no exame final da convocatoria oficial. 10
Traballos tutelados Para que un traballo sexa válido e poida computar na nota final deben cumprirse as seguintes condicións:
1. O traballo debe estar baseado nalgunha das liñas temáticas propostas pola profesora ao inicio de curso.
2. O equipo de traballo debe utilizar todos os materiais indicados pola profesora para a súa elaboración.
3. O equipo de traballo debeu presentar e explicado en clase o seu índice e obxectivos
2. O traballo debe ser entregado á profesora por escrito xunto coa presentación de power point antes do 30 de novembro de 2014, cumprindo o formato xa indicado.
40
Sesión maxistral A súa avaliación realizarase basicamente mediante unha proba obxectiva que terá lugar nas convocatorias oficiais.
No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa.
40
 
Observacións avaliación

O estudante superará a materia
cando alcance unha cualificación mínima de 5 puntos (sumando a
cualificación do traballo de curso e a nota obtida no exame da
convocatoria oficial).

A asistencia a clase e a participación nas
actividades realizadas na aula serán decisivas para elaborar a
cualificación final dos alumnos dubidosos, aos que lles falten poucas
décimas para o aprobado ou para subir nota.

Os estudantes que
participen en actividades cuxo peso na avaliación final sexa menor do
20% (equivalente a 2 puntos na nota final) terán como nota final non
presentado.

Está prohibido acceder á aula do exame con cualquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacene
información. Así mesmo, é necesario que cada estudante que desexe
realizar o exame se identifique correctamente co D.N. I. ou similar antes de acceder á aula onde se vaia realizar a proba

OPORTUNIDADE ADELANTADA: O criterio de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que opere na oportunidade adiantada de avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes