Prácticas de laboratorio |
Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas. Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana. Ademáis, mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie. Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. A docencia se imparte a un grupo reducido de alumnos, o que permite a atención personalizada para aclarar dúbidas.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. |
Proba mixta |
Proba mixta.- Inclúe.
1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por 10 preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.
2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:
- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de 20 preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.
- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.
- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.
3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.
|