Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Terán por obxecto indagar sobre os coñecementos previos e a motivación do alumnado sobre a temática de cada unidade ou bloque temático.
Presentación oral Dos conceptos chave de cada bloque temático e unidade . Da estructura e oganización dos contidos esenciais. Dos casos, informes e textos sobre os que se desenvolverá o traballo grupal e individual.
Discusión dirixida Tomando como base as lecturas indicadas no seminario, os casos prácticos estudados ou as indagacións que o alumnado realiza sobre as temáticas previamente fixadas, levarase a cabo unha discusión dirixida que ten como fin construír unha aprendizaxe significativa na que o alumnado revise, cuestione e faga seu o coñecemento.
Estudo de casos Ten por obxecto relacionar o coñecemento teórico e práctico sobre a problemática da inclusión educativa.
Permite analizar aspectos de avaliación diagnóstica e detección, tratamento individualizado e adaptacións do curriculum tanto desde unha perspectiva individual como institucional.
Seminario Será o núcleo principal da actividade presencial. Búscase unha participación informada do alumnado que se documentará previamente seguindo as orientación bibliográficas facilitadas.
Lecturas As lecturas máis esenciais serán facilitadas con antelación á realización de cada sesión. O alumnado orientado pola bibliografía facilitada na materia, complementará estas lecturas coas da súa elección, utilizando bases de datos de calidade contrastada. A lectura é indispensable para propiciar unha discusión académica apropiada ao nivel do mestrado.
Portafolios do alumno Nel recolleránse as actividades de reflexión, indagación e análise levadas a cabo nas sesións presenciais e complementadas polas lecturas persoais e o traballo autónomo do alumnado. Recolleranse asimesmo as actividades de carácter teórico-práctico coma os estudos de caso ou calquera outra actividade levada a cabo ao longo do seminario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes