Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Presentación e defensa oral realizada polo alumno do traballo tutelado proposto polo profesor, na que se valorará a estrutura e contidos da exposición, a claridade da mesma, a adecuación ao tempo establecido e a resposta ás preguntas do profesor.

Avalianse as competencias específicas A1, A2, A3, A4, A6, A7, A8, A9, A11, A12 e A13, e as transversais C1, C3, C4, C6, C7 e C8.
15
Traballos tutelados Traballos propostos polo profesor nos que se valorará a estructura e contidos, a claridade e redacción e a amplitude e corrección na aplicación dos contidos da asignatura.

Nas sesións maxistrais realizaranse tamén pequenos exercicios nunha dinámica grupal que se avaliarán neste apartado.

Avalianse as competencias específicas A1, A2, A3, A4, A6, A7, A8, A9, A11, A12 e A13, e as transversais C1, C2, C3, C4, C6, C7 e C8.
25
Prácticas a través de TIC Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas mediante a entrega das mesmas e o seguimento continuado das tarefas realizadas.

Avalianse as competencias específicas A1, A2, A3, A4, A6, A7, A8, A9, A11, A12 e A13, e as transversais C1, C2, C3, C4, C6, C7 e C8.
10
Proba mixta Avaliación das competencias específicas A1, A2, A3 e A4, e das transversais C1, C4 e C6 mediante unha proba escrita final sobre os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso. 50
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia do alumno ao 80% das sesións. Se non acada dita porcentaxe, a cualificación final do alumno na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.

Na segunda
oportunidade realizarase unicamente a proba mixta final na data fixada para o exame no calendario oficial. A nota de presentación oral, traballos tutelados e prácticas a través de TIC será a que se obtivera para a primeira oportunidade mediante a avaliación continuada do traballo do alumno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes