Proba obxectiva |
Esta actividade suporá un 60% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de seis puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos tres dos seis puntos que están en xogo. |
60 |
- O punto correspondente ás sesións interactivas non é un agasallo colectivo. Non o obterán, polo tanto, os estudantes que non asistan con regularidade.
- O plaxio castigarase coa máxima severidade. Abonda cun so caso de corta-e-pega para que un traballo fique descualificado. Nótese que a descualificación equivale a un cero, conque implica o suspenso na asignatura.
- Se un/unha estudante non supera a materia en maio-xuño, ten, como é sabido, a posibilidade de o facer en xullo. Nótese que, en tal caso,
terá que se enfrontar novamente ás actividades de avaliación en que obtivese unha puntuación inferior ao mínimo estipulado (tres puntos na proba obxectiva; un punto no traballo tutelado). - Se un/unha estudante non se presenta en maio-junio, pode facelo en xullo, ben entendido que terá que superar as mesmas actividades de avaliación que os restantes membros do grupo: a proba obxectiva e o traballo tutelado.
|