Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a participación activa e resultados de aprendizaxe das metodoloxías traballadas nas sesións de docencia interactiva, que
serán de obrigada asistencia. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a
participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. Na planificación das metodoloxías desta Guía Docente non se indica a avaliación das que se
inclúen na Proba Mixta 1. (presentación oral, etc.) por constituír un proceso de avaliación contínua e global.
-Na primeira
oportunidade de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO
aquelas/es alumna/os que non concorran á proba mixta 2. (proba escrita), e non
realizaran as actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se
inclúan nas metodoloxías relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non
poden ter feito actividade ningunha da materia.
-Terán carácter de SUSPENSO aqueles/as alumnos/as que non superen a proba mixta 2. (proba escrita) ou que non se presenten a esta, e tiveran realizado previamente calquera das
outras actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías (punto 1. proba mixta e seminario). De superaren as avaliacións destas actividades, conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.
-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de avaliación
continua, terán realizar esta proba única na que terán que facer fronte a
preguntas relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha
cualificación mínima de 5.0.
-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar a suma do seminario máis a proba mixta 1. por unha parte (=50 puntos), e por outra a proba mixta 2. (=50 puntos)