Aprendizaxe colaborativa |
Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Realizarase algunha actividade tipo encontro, charla, conferencia,Realizarase algunha actividade tipo conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de coñecer as experiencias que se están a realizar na Educación Infantil e actualizar os seus coñecementos, relacionados co ámbito da materia. |
Saídas de campo |
Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
|
Obradoiro |
Están concibidos como ensaios de experimentación de traballo por proxectos.
Dado o carácter didáctico da materia, os obradoiros son de grande interese e son o núcleo central. Materializanse en debates, exposicións, etc., deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora. |