Portafolios do alumno |
É un cartafol ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado no Practicum ou o seu rexistro.
O portafolios inclúe todo o que fai cada alumno/a, como apuntamentos ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do seu progreso realizados polos titores etc.
|
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa. |
Seminario |
1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo feito ata o momento polo alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- Ao finalizar a estadía no centro, de seguimento para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.
|