Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados Para avaliar esta metodoloxía teranse en conta os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.

EXPOSICIÓN:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...

30
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro elexido polo alumnado entre os ofertados pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral Valoración incluida na exposición do traballo tutelado 0
Proba de ensaio A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.
50
 
Observacións avaliación

GRUPO A

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 85%), correspóndelle a porcentaxe de avaliación seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais;
30% Traballos tutelados; 10%
Recensión; 50% Proba de ensaio. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio.

Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e por tanto con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (Aprobada en Consello de Goberno o 29/5/212),
establécese
que ademáis do traballo que en cada caso particular se especifique,
realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do
50% do total da nota final. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

-
A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será considerada de
forma positiva no proceso de avaliación. Como xa se dixo, a
presencialidade ven determinada por unha asistencia mínima do 85%.

-
Para superar a materia é imprescindible presentar todos as actividades e
prácticas propostas así como realizar a proba de ensaio. A
cualificación final sera a suma das puntuacións obtidas en cada un dos
elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo. Gardaranse as
partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do
mesmo curso académico.

- É obrigatorio pasar pola titoría mentres
se estea no proceso de elaboración do traballo tutelado. Este
entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao
examen é condición indispensable ter presentado o traballo.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso.

-Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia, pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na evaluación.

-Os alumnos repetidores
da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto ca profesora
que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán
que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha
proba de ensaio con carácter obrigatorio para todos eles o final do
cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota
final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan
asignados expresamente ao alumnado .




Grupo B

Narciso
de Gabriel Fernández



A
planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos
que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no
programa que se entregará a comezos de curso.



A
avaliación final será o resultado da nota obtida no exame (70%) e da
implicación e participación nas clases e nos traballos en equipo (30%). En todo
caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o
que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta
cualificación a que corresponda en función dos outros conceptos. O alumnado que
por motivos xustificados non poida asistir normalmente a clase deberá
comunicalo ao profesor antes do 15 de febreiro.



O
alumnado que cursou e suspendeu a materia en 2013/14 poderá conservar para  2014/2015 as cualificacións obtidas
polos traballos de equipo e a participación nas clases (ou pola entrevista
realizada e os resumes entregados, no caso dos non asistentes). Deberá facer
unicamente o exame. O temario obxecto de exame será o correspondente ao curso
2014/15. Os repetidores que escollan esta opción deberán comunicalo ao profesor
antes do 15 de febreiro. De non facelo así, terán a mesma consideración que os
matriculados por vez primeira na materia.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes