Investigación (Proxecto de investigación) |
Traballo en equipo sobre un tema de interese, en que se destacará o papel das matemáticas.
Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... |
10 |
Presentación oral |
Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. |
5 |
Proba de resposta múltiple |
Ao finalizar cada tema establecerase un espazo curto de tempo (unhas 2 horas) nas que cada estudante se conectará á plataforma virtual para realizar o test. Unha vez iniciado o test disporá de 2 minutos para realizalo, sen posibilidade de repetilo.
O calendario de realización deste test estará dispoñible ao comezo do curso.
O test de cada un dos temas constará de 5 preguntas cada unha con tres opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá dous puntos e cada resposta incorrecta restará un punto. |
20 |
As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final. A asistencia considérase obrigatoria. Será necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final (Proba mixta) para poder facer media coas demais actividades avaliables, segundo a planificación máis arriba indicada. O estudante que non asista ao 80% das clases, non será avaliado mediante o sistema anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización do test de cada tema (20% a media do 7 test), constituíndo esa nota conxunta a cualificación final desta materia. Se non se asiste a clase e realízanse os traballos programados (Investigación, Presentación oral, Recensión e Foro), a avaliación destes traballos suporá o 15% da cualificación final, a media do test outro 15% e o exame o 70%.
|