Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo en equipo sobre un tema de interese, en que se destacará o papel das matemáticas.
Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas.
15
Prácticas de laboratorio Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... 10
Proba mixta Valorarase a exposición e argumentación realizada en cada unha das probas. 40
Presentación oral Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 5
Foro virtual Cada estudante proporá un foro de debate, ao redor dunha noticia ou evento e participará en foros propostos por outros estudantes. 3
Proba de resposta múltiple Ao finalizar cada tema establecerase un espazo curto de tempo (unhas 2 horas) nas que cada estudante se conectará á plataforma virtual para realizar o test. Unha vez iniciado o test disporá de 2 minutos para realizalo, sen posibilidade de repetilo.
O calendario de realización deste test estará dispoñible ao comezo do curso.
O test de cada un dos temas constará de 5 preguntas cada unha con tres opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá dous puntos e cada resposta incorrecta restará un punto.
20
Recensión bilbiográfica Cada estudante debe elixir un libro de lectura apropiado para un estudante de Educación Primaria e analizar o seu contido matemático e tamén propor actividades dobre este libro, para realizar na aula. 7
 
Observacións avaliación

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final.

A asistencia considérase obrigatoria.

Será necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final (Proba mixta) para poder facer media coas demais actividades avaliables, segundo a planificación máis arriba indicada.

O estudante que non asista ao 80% das clases, non será avaliado mediante o sistema anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización do test de cada tema (20% a media do 7 test), constituíndo esa nota conxunta a cualificación final desta materia.

Se non se asiste a clase e realízanse os traballos programados (Investigación, Presentación oral, Recensión e Foro), a avaliación destes traballos suporá o 15% da cualificación final, a media do test outro 15% e o exame o 70%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes