Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Traballo de fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación global emitida polo tribunal sobre a adquisición de competencias reflexadas no traballo tutelado (contido e formato), unha vez obtido o visto e prace da dirección académica do mesmo para a súa presentación e defensa. 70
Presentación oral Avaliación global emitida polo tribunal sobre a adquisición de competencias reflexadas na presentación e defensa oral do TFG 30
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: As características e condicións da avaliación dos TFGs que aparecen nesta guía son orientativas, e poden modificarse coas propostas de mellora que sexan aprobadas trala experiencia do curso académico 2013-2014. As características e condicións definitivas da avaliación para o curso 2014-2015 faranse públicas no primeiro cuadrimestre de dito curso académico.

Para presentar e defender; o Traballo Fin de Grao é necesario contar co visto e prace da dirección académica.

O alumnado que non conte co visto e prace da dirección académica ou non a presente en tempo e forma segundo o procedemento establecido será cualificado como NON PRESENTADO.

A cualificación final do Traballo de Fin Grao será a emitida polo tribunal avaliador da presentación e defensa oral do mesmo.

No caso de non realizar a presentación e defensa oral do Traballo Fin de Grao, tendo o informe favorable da dirección académica, a cualificación recibida será a de NON PRESENTADO.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN


Segundo a Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao a
cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica
establecida no Real Decreto 1125/20037 de 0 a 10, con expresión dun
decimal, á que terá que engadirse a correspondente cualificación
cualitativa:

a) 0-4,9 suspenso

b) 5,0-6,9 aprobado

c) 7,0-8,9 notable

d) 9,0-10 sobresaliente

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes