Proba obxectiva |
A avaliación da materia realizarase mediante dous exames parciais e un examen final, e a valoración do resumo da lectura obrigatoria.
|
Saídas de campo |
Os estudantes, en grupos de 5 ou 6 persoas, asistirán co profesor a unha práctica nunha escola infantil con nenos de 2-3 anos. O obxectivo da práctica é simular a situación de contacto inicial cun suposto paciente. No trascurso da práctica os estudantes deberán contactar cun neno/a, identifica-lo seu nome e idade, léxico que produce, tipo de sintaxe e posibles distorsións articulatorias. Posteriormente cada estudante presentará o seu caso e informará das estratexias seguidas para conquerir e manter a atención e cooperación do neno/a.
|
Sesión maxistral |
O profesor presentará aos estudantes un resumo esquematizado do contido central dos temas do programa. No caso das prácticas explicará en qué consisten as técnicas e procedementos que o estudante terá que aprender a utilizar.
|
Obradoiro |
Os estudantes participarán en diversos obradoiros que terán lugar nas clases interactivas. Neles discutiranse algúns aspectos presentados nas clases teóricas centrándose nas súas aplicacións prácticas |