Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Na avaliación deste aspecto terase en conta o nivel de participación do alumado nos debates desenvoltos na aula, con especial atención en tres tarefas:
- argumentación individual oral en grupo-clase;
- postas en común en pequeno grupo;
- síntese escrita das conclusións obtidas en pequeno grupo e grupo-clase.
10
Traballos tutelados Para avaliar o traballo teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical;
- contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
35
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 55
 
Observacións avaliación
  1. En aplicación da " Norma que regula el régimen de dedicación al estudio
    de los estudiantes de grado en la UDC "
    (aprobada en Consello de Goberno
    de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a
    condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a
    correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade
    de asistencia á parte das sesións; non obstante,
    este alumnado deberá entregar e presentar os correspondentes traballos
    de modo individual antes da data establecida para a realización do exame
    da materia.
  2. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do
    peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados, discusión dirixida e
    proba mixta).
  3. O traballo tutelado (proposta de intervención logopédica) entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas.
  4. É obrigatoria a participación no proceso de asignación inicial de casos para a elaboración do traballo tutelado; esta terá lugar nas primeiras semanas de docencia da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes