Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum I
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A avaliar polo profesorado titor da Facultade:
O portafolio terá un peso do 55% na cualificación final:

-Deberase incluir un historia clínica de cada paciente e un breve informe que faga referencia aos datos da avaliación e do tratamento realizado, así como unha valoración persoal

Poderá recollerse en anexos a información que, traballada nos seminarios, se considere pertinente para abordar os casos clínicos.

A asistencia e participación do alumnado na titoría inicial, de seguimento e final terá un peso do 10% na cualificación final.


55
Prácticas clínicas A avaliar polo persoal Logopeda contratado.
Farase unha valoración das capacidades profesionais de cada alumno/a, na que se terá en conta a capacidade de traballo en equipo, de resolver problemas, de aplicar coñecementos, para adaptarse o paciente, e a capacidade de comunicación co paciente e coa familia.

Avaliarase tamén a participación activa nas actividades plantexadas e a actitude do alumno/a.
45
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (portafolios e prácticas clínicas).

O alumnado que suspenda as prácticas clínicas non superará a materia nese curso académico.

Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen superadas na primeira oportunidade.

A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non

superar a materia, a cualificación será acorrespondente á parte non superada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes