Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Anatomía Humana |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Anatomía Humana | Código | 653G01106 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | Avaliación continua de Anatomía Humana: realización dos cadernos de traballo de Anatomía Humana. |
5 |
Proba obxectiva | Exame final de Anatomía Humana. Consistirá en dúas partes: Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas. Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas). Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final. |
50 |
Aprendizaxe colaborativa | Avaliación continua de Cinesioloxía Ocupacional (valoración de traballos en grupos reducidos) | 20 |
Proba de resposta múltiple | Avaliacón continua de Anatomía Humana. Probas periódica tipo test sobre unidades temáticas da materia. |
10 |
Proba oral | Exame final de Cinesioloxía Ocupacional. Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademáis, poderase incluír unha parte de estiramentos. |
15 |
Observacións avaliación | ||
ANATOMÍA HUMANA
Grao de Terapia Ocupacional ORGANIZACIÓN DA MATERIA. A materia está dividida en dúas partes: • Anatomía Humana (6 ECTS; profesores: Isaac Manuel Fuentes Boquete e Silvia María Díaz Prado) • Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS; profesores: Sergio Santos del Riego e José Ramón Meilán Devesa) Responsable da materia: Prof. Isaac Fuentes AVALIACIÓN DA MATERIA.- A materia avalíase da seguinte maneira: • Anatomía Humana: cun valor de 6,5 sobre 10, tal como se indica a continuación: - Avaliación continua Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): 1,5 sobre 6.5. - Exame final (Pofs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): 5 sobre 6.5. Para aprobar a Anatomía Humana, será necesario alcanzar un total de 3,25 sobre 6.5. • Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10, tal como se indica a continuación: - Avaliación continua (Prof. Sergio Santos): 2 sobre 3.5. - Exame final de prácticas (Prof. José Ramón Meilán): 1,5 sobre 3.5. Para aprobar a Cinesioloxía Ocupacional, será preciso alcanzar un total de 1.75 sobre 3.5. • Cualificación final: A suma das cualificacións obtidas en Anatomía Humana e Cinexioloxía Ocupacional. Para aprobar a materia, é condición necesaria ter aprobadas ambas partes (Anatomía Humana e Cinesioloxía Ocupacional). Ao inicio do curso académico, o responsable da materia (Prof. Isaac Fuentes) explicará con detalle ao alumnado os criterios de avaliación. AVALIACIÓN NA 2ª CONVOCATORIA: Manterase a cualificación de cada parte da materia que estea aprobada (Anatomía Humana e/ou Cinesioloxía Ocupacional), na modalidade avaliación continua e/ou exame. AVALIACIÓN DA PARTE DE ANATOMÍA HUMANA EN DETALLE: • Exame final de Anatomía Humana.- Consistirá en dúas partes: - Exame tipo test (12 a 24 preguntas, cada pregunta con 4 afirmacións, das cales só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas. - Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas). O aprobado está en 5 sobre 10. Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final. • Avaliación continua de Anatomía Humana.- Terase en conta: - Realización dos cadernos de prácticas (estarán dispoñibles a través de MOODLE). - Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia (similar á proba tipo test do exame final). AVALIACIÓN DA PARTE DE CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL EN DETALLE: • Exame final de Cinesioloxía Ocupacional. - Avaliación da parte práctica (Tema 14). O exame consistirá na valoración dun grupo muscular e dunha goniometría articular. Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos, na que o alumnado terá que explicar a manobra e a implicación do grupo muscular ou músculo illado. Calquera destas accións se corresponderá coas explicadas en clase e levadas a cabo por todo o alumnado durante o desenvolvemento das clases prácticas (de asistencia obrigatoria). O profesor realizará e publicará, previamente, a convocatoria oficial do exame correspondente, un documento ca data, o lugar e a distribución dun número determinado de estudantes/hora para a realización do exame práctico. • Avaliación continua de Cinesioloxía Ocupacional. - Avaliación da parte teórico/práctica (Temas 12 e 13). Realizarase avaliación continua empregando dúas rúbricas que se entregarán e explicarán ao comezo desta parte da materia: unha para o alumnado (cada alumno/a avalía a un grupo de compañeiros/as dunha maneira regrada) e outra para o profesor. A puntuación final será a media aritmética de ambas rúbricas. PLAN GREEN CAMPUS FCS: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus da Facultade de Ciencias da Saúde (FCS), os traballos documentais que se realicen nesta materia: A.- Maioritariamente, solicitaranse en formato virtual e soporte informático. B.- De realizarse e papel: 1. Non se utilizarán plásticos. 2. Realizaranse impresións a dobre cara. 3. Empregarase papel reciclado. 4. Evitarase a realización de borradores. |
|