Guia docenteCurso
Facultad de Humanidades y Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Bibliotecas Dixitais
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
50
Estudo de casos Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos. 30
Lecturas Avaliarase síntese e reflexión persoal do asunto tratado. 10
Sesión maxistral Participación e achegas de interese por parte dos estudantes, así como a resolución e entrega des exercicios curtos que se propoñan na presentación dos diferentes temas. 10
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Obter unha nota mínima gobal de 5 (sobre 10).
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nos traballos tutelados.
  • A presentación de todos os estudos de casos e as lecturas.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou de non presentar os estudos de casos e as lecturas, a notá máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar a nota dos estudos de casos, as lecturas e as sesións maxistrais.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 5 no traballo tutelado, e de 5 sobre 10 na nota global.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes