Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  QUÍMICA
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva A metade do cuadrimestre realizarase un exame parcial eliminatorio da materia impartida ata ese momento (teoría e problemas). Ao final do cuadrimestre realizarase un segundo parcial coas mesmas características do primeiro. Realizarase un examen final para os alumnos que no superen a materia por parciais. 70
Solución de problemas Resolución de boletíns de problemas numéricos, incluíndo así mesmo a resolución de boletíns de exercicios de teoría no Seminario. Valórase a asistencia do estudante, a súa participación activa na aula, o seu interese e actitude. 10
Traballos tutelados Elaboración e presentación en grupo dun traballo tutelado ou dirixido. Valórase, ademais da presentación, o traballo realizado polos estudantes en formato Word e as transparencias elaboradas para a súa exposición na aula en formato PowerPoint. 10
Prácticas de laboratorio Realización, participación activa en cada unha das prácticas e entrega do informe final correspondente. Valórase o interese e actitude do estudante. 10
 
Observacións avaliación
Este apartado indica o que se puntúa en cada metodoloxía. A proba obxetiva describe como é o exame e a puntuación de cada unha das partes de teoría e de problemas. A nota mínima en cada parte do exame (parciais de teoría ou problemas, final de teoría ou problemas) para que se poidan ter en conta as puntuacións das prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados ha de ser de 3,0 sobre 7,0. Para obter aprobado na asignatura hase de cumprir que a suma das notas da proba obxectiva, prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados sexa polo menos 5,0.

Os traballos tutelados, a realizar en grupos de 5 alumnos, constituirán un resumo do tema proposto polo profesor, cunha extensión da orde de 5-6 páxinas en formato Word. Para a súa presentación na aula, elaborarase previamente de 8 a 10 transparencias en formato PowerPoint. Os participantes en cada traballo deben pertencer ao mismo grupo pequeno ou mediano da clase.

Todos os grupos que presenten traballo tutelado nunha determinada sesión, deberán estar presentes na aula desde o principio ata o final da mesma.

Para poder ser cualificado, o estudante realizará todas as prácticas de laboratorio e participará na elaboración e exposición do traballo tutelado. Ambas as metodoloxías teñen un carácter obrigatorio.

O estudante que faltase a algunha práctica de laboratorio ou que non superase o exame de recuperación da práctica, en caso de repetir a materia debe volver realizar todas de novo.

Teranse en conta, na medida do posible, as circunstancias dos alumnos repetidores e dos matriculados a tempo parcial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes