Teaching GuideTerm
Polytechnic University Collage
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Xestión Empresarial
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Este traballo presentarase a principios de curso e durará todo o cuadrimestre. O alumno terá que ir realizando entregas parciais do mesmo. En caso de non cumprirse os prazos de entrega consideraranse non entregados. 15
Glosario Neste traballo valorarase o que os termos se axusten ao tema exposto, a súa amplitude e a presentación escrita e oral (se se solicita). 5
Proba mixta Requirirase ter aprobado tanto a parte teórica como a práctica. 70
Traballos tutelados Para ser cualificados teñen que entregarse en prazo e cumprir os requisitos solicitados. 10
 
Observacións avaliación

No referente á avaliación da materia, a principios de curso, o alumno deberá decidir entre dúas alternativas:

- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar os distintos traballos propostos ao longo do curso. Neste caso, os traballos terán unha valoración do 30% e a proba mixta do 70% da nota final.

- Exame final: neste caso o alumno non realiza ningún dos traballos expostos e avaliaráselle no exame final. Neste caso, a proba mixta ten unha ponderación de 70/100.

Realizarase un exame parcial, composto por un test e un texto, os cales se cualifican por separado. Este exame libera materia para o exame final.

As partes aprobadas (test ou texto) mantense ata a 2º proba (convocatoria de xullo).

As notas dos distintos traballos manteranse dun curso a outro sempre que o alumno solicíteo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes