Sesión maxistral |
A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer. |
Traballos tutelados |
Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, exponse a realización de traballos guiado sempre polo profesor, Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
- Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
- Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
- Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
- Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas. |
Proba obxectiva |
A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas |