Presentación oral |
Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. |
10 |
Proba de resposta múltiple |
Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase e/ou ao mesmo tempo que a proba obxectiva da primeira oportunidade. |
15 |
Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A
nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a
través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de
resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as
seguintes condicións: - Que se realizasen e aprobado as Prácticas de laboratorio (puntuación maior ou igual que 5).
- Que se obtivese nun exame final unha puntuación maior ou igual que 20.
No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será a nota ponderada do exame final. As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.
|