Teaching GuideTerm
Polytechnic University Collage
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte do estudante. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o alumno unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou contestar a cuestións teóricas que reflicten o grao de coñecemento da materia. 70
Solución de problemas Formularanse cuestións teórico-prácticas nas que o estudante buscará a solución a un problema determinado. 30
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia consta de dúas partes:

i) solución de problemas: teñen lugar mediante probas escritas e mais durante o desenrolo dos obradoiros na aula, no que o profesor valora de forma individual o grao de coñecemento da materia de cada alumno.

Esta parte representa o 30% da cualificación.

ii) a realización da proba mixta.

Esta parte supón o 70% da cualificación da asignatura para os/as estudantes que queiran conservar a cualificación ao que se refire o apartado i).

Para aqueles/as que renuncien a cualificación do apartado i), a proba mixta representa o 100% da cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes