Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Física Aplicada
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Facilitar a integración dos alumnos no mercado laboral en ámbitos relacionados coas liñas de investigación ofertadas.
  Investigador
  AI1 Formación docente dos alumnos nalgunha das liñas de investigación.
  AI2 Formación investigadora de acordo coas metodoloxías científicas utilizadas actualmente.
  AI3 Desenvolvemento da capacidade dos alumnos para a realización dun traballo de investigación orixinal que lles permita a elaboración e defensa dunha tese doutoral, e a súa formación para a redacción e crítica de artigos científicos.
  Mixto
  AM1 Aprender a utilizar unha serie de equipos e técnicas experimentais.
  AM2 Ensinar a manexar bibliografía científica e técnica.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Capacidade de dar solucións científicas a retos profesionais.
  BP2 Toma de decisións.
  Investigador
  BI1 Capacidade para deseñar e planificar un traballo ou proxecto de investigación.
  Mixto
  BM1 Saber aplicar o método científico.
  BM2 Capacidade de adaptación a novos retos científicos.
  BM3 Desenvolver a capacidade de autoaprendizaxe.
  BM4 Razoamento crítico.
  BM5 Capacidade de expresión oral e escrita tanto na lingua materna como en inglés.
  BM6 Capacidade de traballo en equipo.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes