Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Study programme competences


TypeA Code  
  Research guided
  AR1 Recoñecer e respectar a diversidade humana e comprender que as explicacións psicolóxicas poden variar a través de poboacións e contextos.
  AR2 Saber identificar os factores persoais, psico-sociais e/ou educativos que poden pór en risco a saúde das persoas.
  AR3 Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
  AR4 Ser capaz de lograr un adecuado nivel de comprensión da demanda do destinatario en cada situación ou contexto de aplicación.
  AR5 Ser capaz de realizar unha avaliación psicolóxica no contexto dunha investigación científica.
  AR6 Saber como especificar a demanda e os obxectivos do caso, e en función deles, recoller a información.
  AR7 Saber realizar un seguimento sobre un caso elixindo obxectivos pertinentes e realistas.
  AR8 Coñecer as bases para establecer hipóteses respecto dun caso concreto e, a partir das mesmas, saber deducir enunciados contrastables.
  AR9 Coñecer os métodos e técnicas cuantitativos e case-cuantitativos de recollida de información en psicoloxía aplicada.
  AR10 Ser capaz de deseñar instrumentos de recollida de información en programas de intervención psicolóxica.
  AR11 Coñecer as limitacións e restricións de todo tipo (persoais, sociais, económicas,éticas, etc.) que ten a investigación científica e técnica.
  AR12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
  AR13 Coñecer e ser capaz de utilizar os diferentes modelos, teorías, métodos e técnicas de avaliación e intervención que son específicos dos distintos ámbitos da investigación en Psicoloxía Aplicada e desenvolver unha actitude crítica propia do espírito científico.
  AR14 Ser capaz de analizar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación.
  AR15 Ser capaz de analizar críticamente as publicacións científicas.
  AR16 Adquirir os coñecementos e destrezas necesarias para a exposición e defensa dun traballo de investigación.
  AR17 Ser capaz de comunicar os resultados dunha investigación.
  AR18 Mostrar un compromiso ético e profesional con respecto ás responsabilidades cívicas, sociais e globais.
  AR19 Coñecer e axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía Aplicada.
  AR20 Coñecer os distintos modelos de avaliación e intervención no ámbito da Psicoloxía Social Aplicada.
TypeB Code  
  Research guided
  BR1 Capacidade de análise e síntese.
  BR2 Capacidade de organización e planificación.
  BR3 Traballo en equipo.
  BR4 Traballo nun contexto internacional.
  BR5 Habilidades nas relacións interpersoais.
  BR6 Razoamento crítico.
  BR7 Compromiso ético.
  BR8 Aprendizaxe autónoma.
  BR9 Iniciativa e espírito emprendedor.
  BR10 Motivación pola calidade.
  BR11 Resolución de problemas.
  BR12 Toma de decisións.
  BR13 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
  BR14 Habilidades interpersoais.
  BR15 Capacidade de traballar cun equipo interdisciplinario.
  BR16 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  BR17 Valoración da diversidade e da multiculturalidade.
  BR18 Habilidade para traballar de forma autónoma.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes