Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias Documentais no Contorno Dixital
 Study programme competences


TypeA Code  
  Research guided
  AR1 Coñecemento da natureza da información e dos documentos, dos seus diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos do seu uso e transferencia, e das fontes principais de información en calquera soporte, e ao longo do tempo.
  AR2 Coñecemento, comprensión, aplicación e valoración dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a planificación, organización e avaliación de sistemas, unidades e servizos de información.
  AR3 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio, e avaliación da información e dos recursos informativos.
  AR4 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos para o estudo, a análise, a avaliación, e a mellora dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
  AR5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emprega nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
  AR6 Coñecemento da realidade nacional e internacional en materia de políticas e servizos de información e das industrias da cultura.
  AR7 Coñecer e aplicar os códigos éticos adecuados no tratamento da información, recollida e tratamento de datos persoais e seguridade das comunicacións así como as disposicións xurídicas vixentes na xestión e transferencia dos documentos e a información en calquera soporte.
  AR8 Habilidades para analizar, asesorar e formar produtores, usuarios e clientes de servizos de información, así como habilidades nos procesos de negociación e comunicación.
  AR9 Habilidades na obtención, tratamento e interpretación de datos sobre unidades e servizos de información, dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
  AR10 Ser capaz de localizar, analizar e diagnosticar problemas como punto de partida para desenvolver procesos de investigación.
  AR11 Ser capaz de concibir, deseñar e poñer en práctica unha investigación seguindo as pautas do método científico, aplicando as técnicas de recollida e análise de datos, realizando a selección das fontes documentais máis idóneas e aplicando os recursos informativos pertinentes.
  AR12 Capacidade para identificar, analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación empregadas.
  AR13 Coñecer a política e funcionamento dos equipos de I+D+i e desenvolver as capacidades científicas que permitan a integración do alumno en equipos deste tipo.
  AR14 Ser capaz de identificar necesidades para acometer proxectos de investigación no ámbito empresarial.
  AR15 Coñecer, comprender, analizar e avaliar as últimas teorías sobre organización, uso e representación da información.
  AR16 Capacidade para deseñar e avaliar iniciativas e estratexias no campo das TIC e na Administración Pública, a empresa e nas institucións culturais e educativas.
  AR17 Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos e as ferramentas tecnolóxicas para a planificación e mellora de unidades e servizos de información.
  AR18 Coñecemento de técnicas e métodos de traballo e análise das Ciencias Humanas e Sociais.
  AR19 Desenvolver novos mecanismos e produtos de base tecnolóxica que permitan a xeración de novas formas de presentación e difusión da cultura.
TypeB Code  
  Research guided
  BR1 Aprender a aprender.
  BR2 Resolver problemas de forma efectiva.
  BR3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  BR4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  BR5 Traballar de forma colaboradora.
  BR6 Comportarse con ética e responsabilidade social, como cidadán e como profesional.
  BR7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  BR8 Capacidade de análise e de síntese aplicada á xestión e organización da información.
  BR9 Capacidade de xestión da información relevante.
  BR10 Capacidade de uso e adaptación de diversas técnicas de comunicación oral e escrita cos usuarios da información.
  BR11 Habilidades no uso de software xenérico.
  BR12 Coñecemento falado e escrito dunha lingua estranxeira (con preferencia inglés).
  BR13 Capacidade de organización e planificación do traballo propio.
  BR14 Capacidade de integración en equipos multidisciplinares.
  BR15 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade no ámbito do exercicio profesional.
  BR16 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno.
  BR17 Capacidade de dirección e liderado.
  BR18 Motivación e compromiso cara á calidade nas actuacións profesionais.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes