Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Coñecemento e capacidade para a análise e o deseño de sistemas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
  AJ2 Coñecemento e capacidade para proxectar, calcular e deseñar sistemas integrados de fabricación.
  AJ3 Capacidade para o deseño e ensaio de máquinas.
  AJ4 Capacidade para a análise e o deseño de procesos químicos.
  AJ5 Coñecementos e capacidades para o deseño e a análise de máquinas e motores térmicos, máquinas hidráulicas e instalacións de calor e frío industrial.
  AJ6 Coñecementos e capacidades que permitan comprender, analizar, explotar e xestionar as distintas fontes de enerxía.
  AJ7 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos e de instrumentación industrial.
  AJ8 Capacidade para deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
  AJ9 Coñecementos e capacidades para organizar e dirixir empresas.
  AJ10 Coñecementos e capacidades de estratexia e planificación aplicados a distintas estruturas organizativas.
  AJ11 Coñecementos de dereito mercantil e laboral.
  AJ12 Coñecementos de contabilidade financeira e de custos.
  AJ13 Coñecementos de sistemas de información á dirección, organización industrial, sistemas produtivos e loxística, así como sistemas de xestión de calidade.
  AJ14 Capacidades para a organización do traballo e a xestión de recursos humanos. Coñecementos sobre a prevención de riscos laborais.
  AJ15 Coñecementos e capacidades para a dirección integrada de proxectos.
  AJ16 Capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica (I+D+i).
  AJ17 Capacidade para o deseño, a construción e a explotación de plantas industriais.
  AJ18 Coñecementos sobre construción, edificación, instalacións, infraestruturas e urbanismo no ámbito da enxeñaría industrial.
  AJ19 Coñecementos e capacidades para o cálculo e deseño de estruturas.
  AJ20 Coñecemento e capacidades para o proxectar e deseñar instalacións eléctricas e de fluídos, iluminación, climatización e ventilación, aforro e eficiencia enerxética, acústica, comunicacións, domótica e edificios intelixentes e instalacións de seguridade.
  AJ21 Coñecementos sobre métodos e técnicas do transporte e o mantemento industrial.
  AJ22 Coñecementos e capacidades para realizar a verificación e o control de instalacións, procesos e produtos.
  AJ23 Coñecementos e capacidades para realizar certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
  AJ24 Realización, presentación e defensa ante un tribunal universitario, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun traballo individual orixinal, que consistirá nun proxecto integral de enxeñaría industrial de natureza profesional en que se sinteticen as competencias adquiridas.
  AJ25 Capacidade para o cálculo e o deseño de máquinas eléctricas.
  AJ26 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
  AJ27 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
  AJ28 Coñecementos e capacidades para o cálculo, o deseño e o ensaio de máquinas.
  AJ29 Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e a resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais.
  AJ30 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, trasfega de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
  AJ31 Capacidade para o deseño e a xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, así como a modelaxe de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de trasfega de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BJ2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BJ3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BJ4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
  BJ5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BJ6 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e profanos dun xeito claro e sen ambigüidades.
  BJ7 Ser capaz de realizar a análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  BJ8 Deseñar e realizar investigacións en contornos novos ou pouco coñecidos, coa aplicación de técnicas de investigación (tanto con metodoloxías cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades.
  BJ9 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento.
  BJ10 Falar ben en público.
TypeC Code  
  Job guided
  CJ1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CJ2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CJ3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CJ4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CJ5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CJ6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CJ7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CJ8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes