Tipo A
|
Código |
Competencias da titulación Específicas |
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
|
A2 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
|
A3 |
Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría. |
|
A4 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría. |
|
A5 |
Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, coma mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador. |
|
A6 |
Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
|
A7 |
Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría. |
|
A8 |
Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos. |
|
A9 |
Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais. |
|
A10 |
Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas. |
|
A11 |
Coñecementos dos fundamentos da electrónica. |
|
A12 |
Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control. |
|
A13 |
Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos. |
|
A14 |
Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais. |
|
A15 |
Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación. |
|
A16 |
Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade. |
|
A17 |
Coñecementos aplicados de organización de empresas. |
|
A18 |
Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos. |
|
A19 |
Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica. |
|
A20 |
Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais |
|
A21 |
Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas. |
|
A22 |
Coñecemento aplicado de electrónica de potencia. |
|
A23 |
Capacidade para o cálculo e deseño de máquinas eléctricas. |
|
A24 |
Capacidade para o deseño de centrais eléctricas. |
|
A25 |
Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables. |
|
A26 |
Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos. |
|
A27 |
Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores. |
|
A28 |
TFG Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas. |
|
A29 |
Capacidade de resolver problemas mediante o computador, neste caso o desenvolvemento de algoritmos e/ou programas. |
|
A30 |
Comprender a representación da información no computador. |
|
A31 |
Coñecer a estrutura funcional dun computador e os seus compoñentes principais. |
|
A32 |
Adquirir coñecementos sobre a estrutura e funcións dun sistema operativo. |
|
A33 |
Coñecer os fundamentos das redes de computadores e de Internet. |
|
A34 |
Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica. |
|
A35 |
Coñecementos sobre as leis do electromagnetismo para as súas aplicacións electrotécnicas. |
|
A36 |
Optimización dos procesos de combustión, a enerxía obtida e as emisións. |
|
A37 |
Coñecemento dos procesos de transferencia de masa e separación de partículas que permita optimizar os equipos nas instalacións. |
|
A38 |
Coñecemento dos cálculos térmicos necesarios para as optimización de instalacións de vapor. |
|
A39 |
Coñecemento dos cálculos térmicos necesarios para a optimización de instalacións de vapor de coxeración. |
|
A40 |
Coñecemento dos cálculos e procesos necesarios para acondicionamento das augas en instalacións. |
|
A41 |
Coñecementos dos problemas a resolver para a optimización das xestión enerxética de instalacións térmicas. |
|
A42 |
Coñecemento dos gases combustibles, da súa obtención e das súas aplicacións. |
|
A43 |
Modelar matematicamente sistemas e procesos de todos os ámbitos da enxeñaría e resolver o modelo por medio de técnicas numéricas. |
|
A44 |
Programar e aplicar métodos numéricos para a análise de modelos matemáticos en enxeñaría. |
|
A45 |
Coñecemento dos aspectos económicos da enerxía e realización de balances energéticos. |
|
A46 |
Coñecemento da tecnoloxía nuclear para xeración de enerxía eléctrica. |
|
A47 |
Coñecemento da tecnoloxía nuclear no campo industrial. |
|
A48 |
Coñecemento dos mecanismos de fallo por fractura dos materiais. |
|
A49 |
Capacidade para predicir a duración en servizo dos materiais. |
|
A50 |
Capacidade para proxectar recipientes a presión interna ou externa e instalacións de conducións de fluídos. |
|
A51 |
Coñecer a interrelación entre a formulación ou fabricación dos combustibles, o funcionamento dos motores e equipos nos que se empregan, o funcionamento destes e o medio ambiente. |
|
A52 |
Coñecer os conceptos fundamentais da tecnoloxía e operacións básicas que comprende o refino do cru de petróleo, como fonte que é, da maioría dos combustibles industriais actuais. |
|
A53 |
Capacidade para o deseño e fabricación de elementos de materiais compostos. |
|
A54 |
Coñecemento do control de calidade do proceso de fabricación e do produto rematado. |
|
A55 |
Coñecemento dos procesos de obtención do aceiro. |
|
A56 |
Coñecemento dos diferentes tipos de aceiros e as súas aplicacións na industria. |
|
A57 |
Coñecemento das aplicacións das fundicións, |
|
A58 |
Coñecemento da metalurxia do aluminio e do cobre e das aplicacións das súas aliaxes. |
|
A59 |
Coñecemento doutras aliaxes metálicas para aplicacións específicas. |
|
A60 |
Capacidade para o deseño e fabricación con materiais non metálicos. |
|
A61 |
Coñecemento do control da calidade do proceso de fabricación e do produto rematado. |
|
A62 |
Coñecemento dos procedementos de procesado dos materiais polímeros. |
|
A63 |
Coñecemento dos procedementos de procesado dos materiais cerámicos. |
|
A64 |
Coñecemento dos procedementos de procesado dos materiais metálicos. |
|
A65 |
Capacidade para a resolución de problemas matemáticos que poidan formularse en enxeñaría. Simulación. Optimización. Coñecemento de programas informáticos con aplicación en enxeñaría. |
|
A66 |
Coñecemento das aplicacións do láser con especial énfase no Procesado e Análise de Materiais. |
|
A67 |
Ampliación dos coñecementos e capacidades para o cálculo e deseño de complexos industriais e empresariais. |
Tipo B
|
Código |
Competencias da titulación Transversais |
|
B1 |
Aprender a aprender. |
|
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
|
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
|
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
|
B5 |
Traballar de forma colaboradora. |
|
B6 |
Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
|
B7 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
|
B8 |
Actitude orientada ao traballo persoal intenso. |
|
B9 |
Capacidade de integrarse en grupo de traballo. |
|
B10 |
Actitude orientada á análise. |
|
B11 |
Actitude creativa. |
|
B12 |
Capacidade para encontrar e manexar a información. |
|
B13 |
Capacidade de comunicación oral e escrita. |
|
B14 |
Manexo de sistemas asistidos por ordenador. |
|
B15 |
Concepción espacial. |
|
B16 |
Fixar obxectivos e tomar decisións. |
|
B17 |
Analizar e descompoñer procesos. |
|
B18 |
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. |
|
B19 |
Motivar ao grupo de traballo. |
|
B20 |
Capacidade de negociación. |
|
B21 |
Abertos ao cambio. |
|
B22 |
Vontade de mellora continua. |
|
B23 |
Positivos fronte a problemas. |
Tipo C
|
Código |
Competencias da titulación Nucleares |
|
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |