Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
EnxeñeiroTécnico Industrial-Especialidade en Electricidade
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Aplicar o coñecemento de matemáticas, ciencia e enxeñaría.
  A2 Deseñar e realizar experimentos así como analizar e interpretar resultados.
  A3 Deseñar, proxectar e construír calquera obra, sistema, compoñente ou proceso que deba cumprir certas necesidades e/ou requirimentos, coñecendo e aplicando a lexislación e normativa vixente.
  A4 Dominar as técnicas tradicionais e modernas necesarias para poder realizar adecuadamente planos, gráficos e esquemas, con obxecto de plasmar graficamente ideas e solucións; así como interpretar a realización de calquera traballo de enxeñaría.
  A5 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
  A6 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
  A7 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
  A8 Formación ampla que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global.
  A9 Necesidade dun aprendizaxe permanente e continuo. (life-long learning).
  A10 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enexeñaría.
  A11 Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou custos económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos.
  A12 Capacidade para deseño, redacción, firma e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases, partindo das Atribucións e Competencias profesionais que a Lei especifique e da Lexislación vixente aplicable.
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Capacidade de liderado.
  B9 Traballar nun entorno internacional con respecto das diferenzas culturais, lingüísticas, sociais e económicas.
  B10 Capacidade de Análise e síntese.
  B11 Capacidade de Organización e Planificación.
  B12 Coñecemento de polo menos unha lingua estranxeira.
  B13 Coñecementos de informática.
  B14 Coñecementos de Xestión de información.
  B15 Capacidade para a toma de decisións.
  B16 Capacidade de trasladar os coñecementos á práctica.
  B17 Dispoñer de habilidades para a investigación.
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes