Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Terase en conta a participación de cada estudante nas aulas, onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. 20
Proba obxectiva Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas pertinentes. 50
Obradoiro Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas un comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como traballo que recolla o aprendido ao longo do curso. 30
 
Observacións avaliación

  As porcentaxes non son reais. Por esixencias do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba só son orientativas. Lea atentamente a información ao respecto que segue.
A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:
1. Un 50% obterase pola proba obxectiva escrita que cada estudante realizará ao rematar a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro.

Moi importante: deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10nesta proba escrita para poder superar a materia

. Isto supón que terá que compensar a cualificación co outro 50% até chegar ao 5 de media, necesario para aprobar. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida
2. Un 40% obterase da realización de actividades ou tarefas ao longo do curso. Un 20% corresponderá á realización de dous comentarios por escrito que se farán nas aulas, ao remate de cada cuadrimestre. Outro 20% será para dous controis de lectura que se farán igualmente ao remate dos cuadrimestres, por escrito, nas aulas, coas lecturas respectivas feitas en cada un deles. As datas de realización das probas serán fixadas e comunicadas con suficiente antelación.
3. Un 10% responderá á asistencia, participación e desempeño do/a estudante no decorrer do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual de cada estudante, mais tamén -e moi especialmente- a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e compañeiras e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e co traballo en grupo.
4. Á hora de establecer a cualificación final en cada unha das dúas oportunidades existentes (xuño e xullo), computaranse a proba obxectiva pertinente, as actividades feitas ao longo do curso máis a asistencia e a participación.
5. O alumnado que teña suspensas ou non realizadas as actividades avaliables, na segunda oportunidade de xullo terán que facelo na data indicada para a proba obxectiva, que contará cunha parte que as inclúa. Nestes casos, manteranse as cualificacións das actividades xa superadas.
6. O alumnado a tempo parcial, con dispensa académica recoñecida, fará as actividades que os profesores determinen en cada caso.
7. Será indispensable a corrección ortográfica, de redacción e de presentación. Tres faltas de ortografía supoñen a penalización de 1 punto en cada actividade avaliable. Do mesmo xeito, unha redacción ou presentación confusa pode tamén penalizarse.
8. No caso de estudantes estranxeiros será indispensable para seguir a materia teren un dominio razoable da lingua española, tanto na súa expresión oral coma escrita, equivalente a un nivel B2.
9. MOI IMPORTANTE. De acordo coa Normativa académica, o alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda ao exame. Polo tanto, recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) aquelas persoas que non se presentaren a ningunha das probas escritas oficiais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes