Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguaxe. Discurso e Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición, e á formulación de preguntas específicas sobre a temática, preparada de antemán polo estudantado. 5
Traballos tutelados Reférese á avaliación de actividades avaliábeis que podan requerir a axuda do profesor. Todas as actividades deberán ser entregadas en formato electrónico cando así se indique. O profesor poderá decidir, no seu momento, se unha actividade non entregada en formato electrónico non será válida e/ou cualificada, ou o seu peso cuantitativo na avaliación. Todas as actividades deberán ser de elaboración propia e orixinal. A copia ou plaxio determinará que a actividade se considere non válida e polo tanto cualificábel com o valor de 0. 30
Proba mixta Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 45
Obradoiro Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas, e á participación activa nelas. 5
Lecturas Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas, e, nomeadamente, na elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. A actividade deberá ser entregada obrigatoriamente tamén en formato electrónico. 15
 
Observacións avaliación

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.

2) A participación activa compútase dentro do apartado da asistencia.

3) Haberá duas oportunidades de avaliación. Na primeira oportunidade, as actividades entregadas fora de prazo poderán non ser aceptadas (isto é, avaliábeis con 0), e entrarán, no seu caso, no cómputo da segunda oportunidade.

4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 4 na proba final.

5) Para ter superada a materia (en primeira ou segunda oportunidade) deberá obterse unha nota de 5 globalmente.

6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades. O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.

7) Lémbrase que, segundo normativa xeral da UDC, o procedimento informatizado para a asignación das notas finais nas duas oportunidades é o seguinte, que se aplicará portanto nesta materia ("Aprobado" debe entenderse, naturalmente, como "Aprobado ou mellor nota"):

ACTA 1ª OPORTUNIDADE =» ACTA 2ª OPORTUNIDADE =» CUALIFICACIÓN FINAL NO EXPEDIENTE

Aprobado =» (Non aplicable) =» Aprobado 1ª oportunidade

Suspenso =» Aprobado =» Aprobado 2ª oportunidade

Suspenso =» Suspenso =» A mellor das cualificacións

Suspenso =» Non presentado =» Suspenso 1ª oportunidade

Non presentado =» Aprobado =» Aprobado 2ª oportunidade

Non presentado =» Suspenso =» Suspenso 2ª oportunidade

Non presentado =» Non presentado =» Non presentado

8) Dado o carácter mixto e comprensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; E, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades. En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).

9) O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica deberá porse en contacto co profesor a principio de curso. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes