Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñerio Técnico en Informática de Sistemas
 Asignaturas
  Tecnoloxía da Programación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Tecnoloxía da Programación Código 614311202
Titulación
Enxeñerio Técnico en Informática de Sistemas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Segundo Troncal 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Fontenla Romero, Oscar
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
Profesorado
Fontenla Romero, Oscar
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Tecnoloxía da Programación atópase vinculada principalmente ás materias de Programación e Estrutura de Datos e da Información, de primeiro curso, e á materia de Metodoloxía da Programación de segundo curso.

Tendo o anterior en conta, presuponse que o alumno adquiriu os seguintes coñecementos:

- Coñecementos básicos da estrutura dun programa, tanto no seu deseño algorítmico, como na sua codificación. Isto inclúe conceptos como variables, tipos de datos, operador, estruturas de control, etc.
- Modulación e estructuración, tocando aspectos como procedementos e funcións, variables globais e locais, paso de parámetros por valor e por referencia, módulos e compilación separada, etc.
- Estruturas de datos estáticas e dinámicas, incluíndo arrays, rexistros, conxuntos e punteiros.
- Algoritmos básicos de clasificación e procura.
- Ficheiros: tipos, organización, métodos de acceso e operacións.
- Aproximación ao concepto de recursividad no seo dun algoritmo.
- Comprender o concepto de tipo abstracto de dato.
- Coñecer unha colección de tipos abstractos de datos paradigmáticos. O alumno disporá da capacidade para elixir e manipular distintas estruturas de datos.
- Adquirir a habilidade para identificar, deseñar e implementar os tipos abstractos de datos adecuados a unha aplicación concreta.

Coa vista posta no futuro profesional, os coñecementos adquiridos nesta materia xogarán
un papel relevante no desenvolvemento de aplicacións. O alumno será capaz de desenvolver unha aproximación disciplinada á especificación, implementación, verificación e proba de programas .
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes