Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2011)
 Asignaturas
  Estatística Aplicada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O alumno recibirá clases maxistrais nas que o profesor, coa axuda dos medios audiovisuais pertinentes, expoñerá os contidos teórico-prácticos da materia. Fomentarase en todo momento a participación e o debate.
Solución de problemas Os problemas formulados reforzarán tanto o carácter aplicado da materia coma a súa interactividade. Os alumnos poderán expoñer as súas dúbidas e inquietudes referidas á materia, e terán a oportunidade de realizar, coa guía do profesor, problemas similares aos dos exames. Ademais, cunha atención moi individualizada, poderán complementar os casos prácticos.
Estudo de casos Formularanse casos prácticos para aplicar as distintas técnicas estatísticas estudadas. Para a obtención de resultados utilízase como software estatístico R.
Proba mixta O alumno deberá demostrar o seu dominio dos aspectos teóricos da materia e a súa capacidade para a resolución de problemas do ámbito da probabilidade e da estatística.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes