Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame da materia avaliará os seguintes aspectos: Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. Asimilación práctica de materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 60
Prácticas de laboratorio Os alumnos/as deberán entregar ao longo do curso varias prácticas. 40
 
Observacións avaliación

A asignatura consta de catro bloques. Os/As alumnos/as deberán obter como mínimo o 20% da nota máxima de cada un dos bloques na proba mixta.


Primeira oportunidade: Os alumnos que, ao longo do primeiro cuadrimestre, non realicen algunha das probas avaliables correspondentes
ás "prácticas de laboratorio"  (por exemplo, os que non asistan á clase o día da proba), recibirán un "cero" na proba correspondente, pero poderanse presentar igualmente á proba
mixta e superar a asignatura na primeira oportunidade. 

Segunda oportunidade: Durante a segunda
oportunidade será posible recuperar o 100% da nota tanto das prácticas de laboratorio como da proba mixta.

Atención a estudantes con matrícula a tempo parcial: De darse o caso de que ao longo do primeiro cuadrimestre non puidesen asistir, no horario que lle corresponda ao seu grupo, a algunha das probas availables como "prácticas de laboratorio", e sempre que o comuniquen coa suficiente antelación para integralos nalgún dos outros grupos existentes, tratarase de lles facilitar o cambio de data da proba.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes