Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas da asignatura coa axuda de Matlab 30
Seminario Resolución de traballos e exercicios teórico-prácticos da materia e as súas aplicacións. 10
Proba mixta Examen teórico-práctico da materia 60
 
Observacións avaliación

  A avaliación da asignatura consta de dúas partes:
1.- A primeira parte consiste na realización dun exame teórico-práctico da materia (nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade) que puntuará cun máximo de seis puntos.
2.- A segunda parte corresponde aos seminarios (TGR) e ás prácticas de ordenador, aos que se lles asignarán un e tres puntos respectivamente. Acualificación á que se refire este apartado, obterase mediante a realización de
exercicios, traballos, e/ou exames realizados ao longo do
cadrimestre ou ao final do mesmo.

Na segunda oportunidade de xullo o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta na que se engadirá un exercicio extra correspondente á valoración dos seminarios (TGR),
b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio.

A realización dos exercicios correspondentes ás valoracións de
TGR e prácticas de laboratorio serán opcionais para o alumno e, no
caso de non realizalas, o estudante manterá as cualificacións acadadas durante o curso académico actual.

A avaliación dos TGR e das prácticas de laboratorio dos alumnos
con matrícula a tempo parcial
poderase realizar atendendo, na
medida do posibe
, a súas circunstancias particulares.

Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro o proceso de avaliación incluirá:

a) unha proba mixta na que se engadirá un exercicio extra correspondente á valoración dos seminarios (TGR),

b) un examen para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes