Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Subjects
  Lexislación e Seguridade Informática
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2014/15
Subject (*) Lexislación e Seguridade Informática Code 614G01024
Study programme
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Spanish
Galician
Prerequisites
Department Dereito Público Especial
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinador
Santos Del Riego, Antonino
E-mail
antonino.santos@udc.es
Lecturers
Ballesteros Soriano, Alfonso
Carballal Mato, Adrián
Santos Del Riego, Antonino
Vázquez Naya, José Manuel
E-mail
alfonso.ballesteros@udc.es
adrian.carballal@udc.es
antonino.santos@udc.es
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Web http://psi-udc.blogspot.com/
General description É a finais dos oitenta, principalmente polo uso da rede Internet, cando a seguridade da información transfórmase nunha necesidade. A finais dos 90 as ameazas aos sistemas "abertos" á rede Internet xeneralízanse e a seguridade da información toma unha gran relevancia. Na actualidade, as empresas, os gobernos e a sociedade en xeral demandan un maior número de expertos en seguridade informática.

Hoxe en día un profesional das tecnoloxías da información e as comunicacións, tanto do ámbito dos sistemas como do desenvolvemento do software, sen uns bos fundamentos en seguridade, estará claramente devaluado. A nosa profesión non consiste unicamente na administración de sistemas e desenvolvemento de software e hardware. Noutras palabras, un programa ou sistema que simplemente funciona, sen considerar o factor seguridade, pode supor un gran perigo para unha organización. O apagar e acender unha máquina pode arranxar un problema, a análise das causas e a procura de solucións constitúe unha clara diferenza entre un bo e mal profesional.

Na materia de Lexislación e Seguridade Informática proporciónase ao alumno uns fundamentos en seguridade da información, e con iso un valor engadido sobre outros "profesionais" do sector. En todo momento centrámonos naqueles aspectos de interese para o seu futuro profesional, tentado levar os contidos da materia cara aos temas e contornas de relevancia para o mundo empresarial. A nosa profesión céntrase en "facer", non unicamente en "saber facer", e se é posible en "facelo o mellor posible". E, que nos piden as empresas?, claramente profesionais que saiban o que hai que facer, que o fagan ben, no menor dos tempos e cun custo mínimo. Sen ningunha dúbida, "deseñar" e "construír" profesionais deste tipo, altamente produtivos, é unha tarefa moi complexa.

Obxectivos.:

- Adquirir os fundamentos en seguridade necesarios para proporcionar un valor engadido aos nosos futuros profesionais.
- As ameazas que sofre a información durante o seu proceso, almacenamento e transmisión son crecentes, multiformes e complexas. Para contrarrestalas desenvolvéronse numerosas medidas de protección, que se implementan mediante os denominados mecanismos de seguridade. A lista destes mecanismos é xa moi numerosa e nela atópase, entre outros moitos: procesos de identificación e autenticación, control de accesos, control de fluxo de información, rexistros de auditoría, cifrado de información, etc. Ser consciente desta realidade, coas súas vantaxes e limitacións, proporcionará aos alumnos unha base para afrontar unha gran parte das implementaciones tecnolóxicas ás que se poidan enfrontar no seu futuro profesional.
- Identificar os aspectos relacionados coa seguridade da información, tanto desde o punto de vista técnico como legal, proporcionando as habilidades necesarias para "saber o que hai que facer", "facelo o mellor posible", no menor tempo e cun custo mínimo. Neste contexto será fundamental a exposición e estudo de casos reais, reforzando no alumno a necesidade de utilizar en todo momento o "sentido común", afastando da toma de decisións os moitos perigos e factores que poden "contaminar", total ou parcialmente, moitos dos nosos desenvolvementos.
- Analizar os aspectos prácticos da contorna legal no que se desenvolverá a futura actividade profesional dos nosos alumnos, con especial referencia ás súas obrigacións en materia de datos de carácter persoal e seguridade informática.
- Un alumno que senta un gran entusiasmo polas tecnoloxías proporcionará ás nosas empresas uns maiores niveis de produtividade, e durante máis tempo. Reforzar esta calidade no alumno, e espertala nos que a poidan ter lixeiramente aletargada será un dos principais obxectivos da materia.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes