Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Codiseño Hardware/software
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Plantexarase ao alumno unha serie de prácticas a realizar seguindo un guión. O obxectivo é que o alumno realice os procedementos básicos da materia e reflexione sobre eles. O contido das prácticas estará vinculado cos traballos tutelados.
Solución de problemas Proporcionaranse boletíns de exercicios aos alumnos, que deberán resolver de xeito autónomo. Durante as titorías de grupos reducidos, reservarase tempo para tratar sobre unha selección dos exercicios acordada entre os alumnos.
Traballos tutelados Asignaranse proxectos de codeseño hardware/software que os alumnos terán que realizar en pequenos grupos i entregar en prazo. Durante as titorías de grupos reducidos, faranse sesións de coordinación de proxecto nas que se discutirá o progreso de cada traballo, aínda que a meirande parte do traballo deberán realizalo os alumnos de xeito autónomo.
Proba obxectiva No remate do cuadrimestre haberá un exame con una duración total de 3 horas.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, marcando a temporización para a realización de prácticas e titorías de grupos reducidos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes