Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Sistemas de Información Empresarial
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día da clase amosarase ao alumno o temario e como se desenvolverá a materia.
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase para amosar aos alumnos os conceptos teóricos que forman parte da materia.
Prácticas de laboratorio O obxectivo é que o alumno poda ver a aplicación práctica dos conceptos explicados nas sesións maxistrais. Para elo, o alumno traballará con algúns dos sistemas vistos na aula.
Traballos tutelados Consistirá nun traballo desenvolto polo alumno e proposto polos profesores, será non presencial, supervisado, debéndose de entregar unha memoria que será empregada para avaliar o alumno.
O obxectivo é que o alumno profunde nos aspectos máis importantes e características dos Sistemas de Información Empresarial, permitíndolle adquirir coñecementos que doutra maneira non sería posible.
Presentación oral Os alumnos expoñeran na aula, cos medios audiovisuais dispoñibles na mesma, os traballos realizados ao longo do cuadrimestre.
Proba obxectiva Realizarase ao remate da materia para comprobar que o alumno adquiriu as competencias asociadas cos coñecementos teóricos expostos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes