Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Proxectos de Desenvolvemento Software
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valoraranse nas prácticas, tanto o nivel técnico coma a completitud, claridade e xustificación desta, así como o participación activa na súa realización. 30
Proba obxectiva Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual 50
Traballos tutelados Nestas prácticas os alumnos terán que resolver, de xeito autónomo, o traballo proposto polo profesor 20
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos pousen
as competencias fundamentais necesarias.

A nota final de cada alumno, consta de tres partes:

   - Exame escrito individual: 50%

   - Práctica sobre o obxectivo do curso: 30%

   - Traballo tutelado:
20%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación
global minima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

   - É necesario ter
un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 no exame escrito.

   - É necesario ter
un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 na práctica.

   - É necesario ter a calificación de APTO no traballo tutelado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes