Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Proxectos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valorarase:
- Memoria entregada da práctica.
- Nivel técnico da práctica.
- Completitud, claridade e xustificacións da práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa na práctica.
30
Proba obxectiva Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. 70
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é
constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e
realizarase en dous momentos temporais distintos:

- Unha vez
finalizada as prácticas, tanto de de planificación e seguimento de
proxectos, como de programación lineal e/ou enteira.

- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual.

A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a continuación:

- Exame escrito individual: 70%.

- Práctica de planificación e seguimento de proxectos: 20%.

- Práctica de programación lineal e/ou enteira: 10%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 na práctica.

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 no exame escrito individual.

En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos dous anteriores, a nota
que figurará para a materia será a da práctica, se esta non estivese
aprobada, ou a do exame en caso de que a práctica si se tivese aprobado.

Aspectos a ter en conta:

- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices dos profesores.

- Na avaliación da práctica de planificación e seguimento de proxectos valorarase o nivel técnico do traballo e a completitud, claridade e exposición deste.

-
A nota asignada á práctica de planificación e seguimento de proxectos
inicialmente será a que reciban todos os membros do grupo que a
defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da participación
activa individual de cada un.

- Na práctica de programacion lineal e/ou enterea,
valorarase a capacidade de modelar unha situación de conflito nun
proxecto e resolvela, mediante o software recomendado, así como
interpretar de xeito axeitado a devandita solución.

Os alumnos
que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das
competencias fundamentais desta mediante a realización dun novo exame
suxeito ás restricións indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos
que non superasen a práctica de planificación e seguimento de proxectos
deberán refacela ata que esta cumpra cos requisitos mínimos esixidos,
sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e defensa
con data límite o día do exame da segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes