Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Metodoloxías de Desenvolvemento
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Metodoloxías de Desenvolvemento Código 614G01224
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Casanova Crespo, Jose Maria
Correo electrónico
jose.casanova.crespo@udc.es
Profesorado
Casanova Crespo, Jose Maria
Correo electrónico
jose.casanova.crespo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Os contidos da materia de Metodoloxías de Desenvolvemento céntranse nos aspectos metodolóxicos da Enxeñaría do Software.

A materia trata de achegar os estudantes as diferentes aproximacións para afrontar a problemática de como organizar un equipo que ten como obxectivo desenvolver un proxecto Software. As ferramentas metodolóxicas achegaranos prácticas e estratéxicas que nos axudarán a definir a forma de organizar o traballo para acadar produtos software que funcionen e cumpran as necesidades dos usuarios.

A materia centrase nas novas metodoloxías de desenvolvemento de Software baseadas no paradigma Agile, máis realiza un breve recorrido polas metodoloxías clásicas como o desenvolvemento en Cascada ou en Espiral.

Dentro das metodoloxías Agile terán especial relevancia Scrum e eXtreme Programing (XP), sen esquecer a importancia do proceso unificado de desenvolvemento.

Tamén se analizaran os paradigmas de desenvolvemento colaborativo que se basean nas prácticas do Open Source e abordaranse as implicacións da evolución e mantemento de proxectos software.

A materia terá en conta os diferentes aspectos sociais, legais e éticos no desenvolvemento software, e tocará temas como o Software Libre e o código ético da enxeñaría do Software da ACM.

Realizaranse durante o curso diferentes lecturas de artigos clásicos en relación os contidos da materia e desenvolverase un proxecto colaborativo de desenvolvemento de Software aplicando as diferentes ferramentas metodolóxicas descritas no curso.

A guía docente desta materia está deseñada e adaptada para o Curso de Adaptación o Grado das Enxeñarías Técnicas de Informática.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes