Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
MÁSTER EN INTERVENCIÓN LOGOPÉDICA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Posuír e comprender coñecementos avanzados de acústica aplicados ao estudo da función auditiva.
  AP2 Coñecer os problemas que se presentan no ámbito da intervención logopédica na atención temperá desde un punto de vista educativo.
  AP3 Coñecer os principais trastornos psicopatolóxicos que teñen a súa orixe na infancia e na adolescencia.
  AP4 Coñecer os principais procesos implicados no desenvolvemento da lectura e da escritura.
  AP5 Coñecer a utilidade das TICS na valoración da lectura e a conciencia fonolóxica.
  AP6 Coñecer o significado e proxección científica e disciplinar da intervención temperá no contexto curricular da logopedia.
  AP7 Coñecer as peculiaridades da adquisición e desenvolvemento da linguaxe dos nenos cegos.
  AP8 Coñecer as liñas fundamentais da intervención logopédica nos nenos e nenas con discapacidade auditiva na idade escolar.
  AP9 Coñecer estratexias de reeducación de nenos e nenas con implante coclear.
  AP10 Coñecementos básicos de comprensión e expresión en lingua de signos española.
  AP11 Coñecer, analizar e explorar novas formas de comunicación e expresión que favorecen as novas tecnoloxías da información e comunicación.
  AP12 Identificar signos relativos aos procesos lectores retrasados ou diverxentes.
  AP13 Coñecer e seleccionar programas, ferramentas e software de intervención logopédica para o traballo reeducativo coas novas tecnoloxías da información e comunicación.
  AP14 Deseñar e planificar sesións de intervención e apoio logopédico con ferramentas da rede.
  AP15 Reflexionar sobre procedementos que permiten xestionar a aprendizaxe do alumno.
  AP16 Dominar os aspectos conceptuais e os recursos instrumentais para o recoñecemento, descrición, explicación e intervención sobre os trastornos do desenvolvemento.
  AP17 Coñecer e dominar as estratexias de avaliación e intervención temperá.
  AP18 Deseñar procedementos de intervención en comunicación aumentativa para as persoas con retraso no desenvolvemento por discapacidade intelectual.
  AP19 Dominar a aplicación das técnicas de intervención de comunicación aumentativa para as persoas con discapacidade intelectual.
  AP20 Saber identificar as dificultades que presenten na linguaxe os nenos cegos así como técnicas de intervención axeitadas.
  AP21 Coñecer as principias alteracións da voz, así como as técnicas de avaliación e tratamento.
  AP22 Deseñar e manexar material específico para a intervención logopédica no lesionado cerebral.
  AP23 Coñecer e aplicar técnicas, procedementos e estratexias de intervención logopédica nos lesionados cerebrais.
  AP24 Deseñar programas reeducativos para alumnado con discapacidade auditiva.
  AP25 Aplicar estratexias de estimulación dos bebés con deficiencia auditiva.
  AP26 Deseño de Adaptacións Curriculares nos nenos e nenas con discapacidade auditiva.
  AP27 Capacidade para estruturar o entorno físico e social para o desenvolvemento de oportunidades para a comunicación.
  AP28 Coñecer e aplicar técnicas de análise de datos na investigación logopédica.
  AP29 Utilizar os recursos informáticos como ferramenta para a análise de datos.
  AP30 Promover actitudes de solidariedade, respecto e apoio para coas persoas con trastornos psicolóxicos.
  AP31 Saber establecer criterios de promoción lectora para o alumno/a e/ou a aula.
  AP32 Deseñar técnicas de intervención para as principais dificultades na adquisición do proceso lecto-escritor.
  AP33 Capacidade de análise e discusión en grupo de contidos teóricos e procedimentais.
  AP34 Ser capaz de comunicar os resultados dunha investigación.
  AP35 Elaborar informes de exploración e de diagnóstico, de seguimento, de finalización e de derivación.
  AP36 Asesorar as familias e o contorno social das persoas usuarias, favorecendo a súa participación e colaboración no tratamento logopédico.
  AP37 Comunicar de xeito oral e escrito as súas observacións e conclusións ao suxeito , aos familiares e ao resto dos profesionais que interveñen na súa atención, adaptándose as características do contorno profesional (educativo, sanitario ou asistencial).
  AP38 Coñecer as estratexias básicas de investigación en Logopedia.
  AP39 Ser capaz de planificar e desenvolver os aspectos metodolóxicos dunha investigación.
  AP40 Comprender, valorar e incorporar á praxe profesional as producións científicas que sustentan o desenvolvemento profesional do/a logopeda.
  AP41 Coñecer e dominar o acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
  AP42 Avaliar a propia intervención profesional para optimizala.
  AP43 Aprender autonomamente, e acadar un grao de motivación que lle permita facelo de maneira continuada.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Aprender a aprender.
  BP2 Resolver problemas de forma efectiva.
  BP3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  BP4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  BP5 Traballar de forma colaborativa.
  BP6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  BP7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  BP8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
  BP9 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
  BP10 Capacidade de tomar decisións, asumindo a responsabilidade.
  BP11 Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinaria.
  BP12 Ter compromiso ético.
  BP13 Ser creativo no exercicio da profesión.
  BP14 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
  BP15 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
  BP16 Capacidade de organizar e planificar.
  BP17 Capacidade de se adaptar aos cambios.
  BP18 Resolver problemas.
  BP19 Razoar de forma crítica.
  BP20 Capacidade de análise e síntese.
  BP21 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
  BP22 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
  BP23 Ter iniciativa e espírito emprendedor.
  BP24 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
  BP25 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
  BP26 Saber expresarse en público.
  BP27 Pór en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
  BP28 Adoptar unha actitude positiva e paciente.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes