Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas características das probas de ensaio e das probas obxectivas. En canto ás primeiras, inclúe preguntas abertas de desenvolvemento de certa amplitude, valorando a resposta esperada e as capacidades de razoamento, relación e análise. En canto ás segundas, contén preguntas destinadas á avaliación da expresión escrita e da capacidade de corrección de textos.
Lecturas Obras de literatura e outros textos para os alumnos e as alumnas melloraren a comprensión lectora e progresaren no coñecemento do léxico propio da lingua galega.
Prácticas de laboratorio Diferentes actividades, realizadas individualmente ou en grupo, concibidas para o desenvolvemento da expresión, tanto oral como escrita, do alumnado.
Esquemas Representacións simplificadas da información que inclúen os contidos máis relevantes dos temas explicados e das actividades desenvolvidas.
Sesión maxistral Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes