Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Historia da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. O obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Basease na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa analise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia.
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado.
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte de alumndo un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademáis da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesma.
Proba obxectiva Recolle apunts persoais, traballos de investigación, guías de traballo, resúmenes, comentarios... do alumno.
Presentación oral Exposición de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada.
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non se opón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno.
Actividades iniciais Nas primeiras sesións da clase levaránse a cabo por parte de profesor actividades de carácter expositivo, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes