Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. O Obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizxe. 10
Análise de fontes documentais Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumno terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. 10
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 30
Recensión bilbiográfica Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. 20
Proba obxectiva Recolle apuntes persoais, traballos de investigación, guías de traballo, resúmenes, comentarios... do alumno. 10
Presentación oral Exposicións de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

- A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación. -É obrigatorio pasar pola titoría mentras se estea en proceso de elaboración dos traballos tutelados. - Calquer circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. -Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir ás sesións de clase, ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final.

-Alumnado asistente grupo A: A avaliación levarase a cabo seguindo 2 bloques de traballo: individuais (lecturas -20%-, Recensión -20%- e Sesión Maxistral -10%-) e en grupo (traballos tutelados -30%-, Presentación oral -10%- e Análise de Fontes -10%-). Para poder ser avaliado e calificado, en cada un dos bloques é necesario acadar unha puntuación mímina de 2,5 puntos. 

-Alumnado asistente grupo B: os traballos individuais (traballo de iniciación á investigación, recensión análise de fontes documentais e lecturas) teñen un valor proporcional do 60% do total da puntuación final. O resto corresponde ao exame (20%) e traballos de clase (20%).

-Os alumnos repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto co profesorado que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio para todos eles o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso lle sexan asignados a cada alumno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes