Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais En pequeno grupo, terase que buscar fontes documentais do tipo web e analizalas segundo as pautas que se expoñerán na sesión interactiva. 2
Esquemas En pequeno grupo, terase que sintetizar as achegas dos diferentes enfoques e modelos dentro dos contidos do Tema 2: A aprendizaxe escolar. 1
Estudo de casos Ao longo de varias clases interactivas introducirase ao alumnado na avaliación das variables traballadas no Tema 3: Factores intrapersoais implicados na aprendizaxe escolar. Unha vez que domine o seu uso, en pequeno grupo, terá que enfrontarse a unha situación real da cal debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razoada. 40
Presentación oral Baséase na exposición oral en pequeno grupo dos contidos do tema As Estratexias de Aprendizaxe, para o que deberá documentarse e preparar a súa presentación ante os seus compañeiros. 15
Glosario De xeito individual, a través de Moodle, deberá facer a explicación e contextualización dun termo propio da materia 1
Proba de resposta múltiple Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben. 40
Estudo de casos En pequeno grupo tentarase analizar a metodoloxía a empregar para dar unha clase. 1
 
Observacións avaliación

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.


Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (> 85%):
Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
Coñecementos teóricos: Mediante a Proba de resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final. Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.


Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)
Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,33 % da nota final.
Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 % Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible.


NOTAS. 1. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres os responsables da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco). 2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes