Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias sociais II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Presentaranse na aula proxectos, esquemas e resultados do traballo do alumnado sobre dos temas tratados na aula, nas saídas ao medio e en calquera das cuestións tratadas na materia. 10
Proba mixta Consta de dúas partes:
Ao longo do curso iranse realizando probas continuas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación (xuño) que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.

60
Saídas de campo Puntuará a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás saídas ao medio. 20
Recensión bilbiográfica Terase en conta a dificultade dos textos escollidos e a corrección na metodoloxía aplicada, así como a corrección na expresión escrita. 10
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de docencia interactiva. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en grupo.


-Na primeira oportunidade
de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas "metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades (que puntúan: 10 "presentación oral"; 20 "saídas ao medio"; 10 "recensión bibliográfica"), conservaráselles a cualificación ate a segunda oportunidade de avaliación.

-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de avaliación continua, terán
realizar esta proba única na que terán que facer fronte a preguntas relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0.

-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba mixta e a suma das tres probas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes