Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA |
Asignaturas |
Practicum I |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum I | Código | 652G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Saídas de campo | CONSTITÚEN AS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc. |
Seminario | 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum. 2. Selección de centro (2 horas). 3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas). - Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna. - Durante a realización do Prácticum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin. - De avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados. |
Traballos tutelados | A elaboración do portafolios para recoller a experiencia do Prácticum I será titorizada mediante sesións de traballo grupal ou individual que terán lugar na Facultade. Durante estas sesións daranse as indicacións oportunas sobre o contido e a estrutura do traballo, as fontes documentais imprescindibles ou a relevancia e pertinencia da análise da experiencia. Este traballo tutelado poderá contar tamén con exposicións ante os compañeiros e posta en común co obxecto de compartir experiencias que enriquezan a aprendizaxe colectiva. |
Portafolios do alumno | Ver documento en Anexos. |
Análise de fontes documentais | Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa. |
|